Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 26 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a publicación do acordo da zona de concentración parcelaria de monte de Vilaformán (Trabada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódalas persoas interesadas na concentración parcelaria da zona de monte de Vilaformán (Trabada-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 85/1993, do 2 de abril, o seguinte:

Primeiro.-Con data 16-9-2002, o director xeral de Infraestructuras Agrarias, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de monte de Vilaformán (Trabada-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Trabada e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; os que recorran poderán presentalo no Servicio de Infraestructuras Agrarias (Rolda da Muralla, 70), nas oficinas centrais da consellería (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 26 de setembro de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO