Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2002 pola que se anuncia o concurso de ideas, con intervención de xurado, para a conceptualización, o deseño e o desenvolvemento do contido do Centro Galego da Artesanía e do Deseño. (Expediente 10/02 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 10/02 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: conceptualización, deseño e desenvolvemento do contido do Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido (artigo 91 do TRLCAP) con intervención de xurado (artigo 216 do TRLCAP).

Forma: concurso de ideas.

4. Premios.

A presentación dos traballos na segunda fase de concurso, sempre que cumpran as condicións determinadas nas bases e o xurado non considere baixa a súa calidade, suporá un aboamento por parte da Consellería de Industria e Comercio, a cada unha das empresas participantes, de 5.000 euros. O xurado outorgará un único premio, que levará aparellado un aboamento adicional de 15.000 euros, ademais do aboamento citado de 5.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: exento.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de solicitudes de participación en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: dez días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10.1.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Requisitos específicos.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica e financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante informe de institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato.

Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

A solvencia técnica ou profesional acreditarase de acordo co establecido no punto 9 a) deste anuncio (artigo 19 a) e b) do TRLCAP).

9. Outras informacións.

a) Criterios que se aplicarán para a selección dos admitidos á 2ª fase (fase de concurso).

De entre tódalas solicitudes de participación, a selección das empresas concursantes realizarase segundo os seguintes criterios:

1) Experiencia no deseño de traballos similares ó do concurso, que se xustificará de acordo co establecido no artigo 19 b) do TRLCAP (de 0 a 60 puntos)

2) Calidade do equipo técnico responsable do desenvolvemento do traballo obxecto deste concurso, que se xustificará de acordo co establecido no artigo 19 a) do TRLCAP (de 0 a 30 puntos).

3) Volume económico dos servicios ou traballos relacionados co obxecto do contrato, que se xustificará de acordo co establecido no artigo 19 b) do TRLCAP (de 0 a 10 puntos).

b) Criterios que aplicará o xurado para valora-los traballos.

O fallo do concurso polo xurado fundamentarase na súa discrecionalidade técnica e será razoado, observando os seguintes criterios:

-A creatividade das propostas e a súa capacidade de transmitir e enriquece-lo obxecto do contrato.

-A innovación e eficacia das solucións propostas.

-Orixinalidade do deseño.

-Capacidade de recrear e transmiti-los contidos do centro.

-Capacidade de comunicación cos interesados.

10. Número de empresas que se proxecta invitar.

O número de empresas que se proxecta invitar situarase entre un mínimo de cinco e un máximo de vinte.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do gañador do concurso.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL