Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se notifica liquidación complementaria pendente de notificar e se empraza o interesado Obresa Residencial, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase liquidación complementaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola oficina liquidadora de distrito hipotecario de Vilagarcía de Arousa, en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, das 9 ás 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo en:

-Rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B e C. Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 4 de outubro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Obresa Residencial, S.A.

NIF: A-36785087.

R/ Praza de Compostela, 9-2º. Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente: 471/2001.

Liq.: 600011076063.

Interesado: Obresa Residencial, S.A.

NIF: A-36785087.

R/ Praza de Compostela, 9-2º. Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente: 472/2001.

Liq.: 600011076062.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA