Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se notifican propostas de resolución de expedientes sancionadores pendentes de notificar e se empraza o interesado Manuel Expósito Casas, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse propostas de resolución de expedientes sancionadores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30 de Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 4 de outubro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Manuel Expósito Casas, S.A.

NIF: A-36038495.

R/ Fontenla-San Xoán. Pontevedra.

Procedemento: taxa fiscal sobre o xogo.

Expediente sancionador nº: 36/2002/00087.

Período impositivo: 2000.

Interesado: Manuel Expósito Casas, S.A.

NIF: A-36038495.

R/ Fontenla-San Xoán. Pontevedra.

Procedemento: taxa fiscal sobre o xogo.

Expediente sancionador nº: 36/2002/00088.

Período impositivo: 2001.