Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de setembro de 2002, acordou incoar expediente de contratación de préstamo pola contía de 521.726,10 euros.

Procedemento e forma de adxudicación: concurso aberto.

Presentación de proposicións: na secretaría do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde a última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións: na casa do concello, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Exposición do expediente: o prego de condicións e o resto da documentación do expediente poderanse examinar na secretaría do concello en horas de oficina.

Mondoñedo, 30 de setembro de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde