Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002 pola que se fai público o nomeamento de funcionario de carreira, categoría peón operario.

En cumprimento do disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, da Xunta de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía do 24-9-2002 foi nomeado funcionario de carreira Ángel Pérez Bernárdez, DNI: 52493156-A, encadrado na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría peón, denominación peón operario, trala superación do correspondente proceso selectivo incluído na oferta de emprego público de 2001.

Marín, 24 de setembro de 2002.

Francisco A. Santiago Fernández

Alcalde