Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 14-10-2002, acordou inicia-los trámites para a contratación da subministración que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60, fax: 986 78 06 38.

Obxecto: adquisición dun vehículo-ambulancia para o servicio de protección civil.

Orzamento: 38.000 A, IVE incluído.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Garantía provisional: non se esixe.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio será públicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados, das nove ás catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas e trinta minutos do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 18 de outubro de 2002.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental