Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Gondomar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 90/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: actualización de instalacións de iluminación pública viaria en zonas de Piñeiro-O Outeiro (Vincios), Regodagua (Chaín), A Rochela (Vilaza) e O Castro (Borreiros).

b) Lugar de execución: Gondomar.

c) Prazo de execución: cinco semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 120.202,42 euros, incluíndo os honorarios pola redacción do proxecto, o aboamento do cal será adiantado polo concello, que o detraerá da primeira certificación das obras.

5. Garantías.

Provisional: 2% orzamento base de licitación (2.404,05 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Gondomar.

b) Domicilio: pza. Dr. Latino Salgueiro, nº 1.

c) Localidade e código postal: Gondomar, 36380.

d) Teléfono: 986 36 01 25/986 36 02 50.

e) Telefax: 986 36 08 75.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categorías): non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: acreditarase coa documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación do último anuncio da licitación no BOP ou DOG.

b) Documentación que integrará as ofertas: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Gondomar.

2º Domicilio: Dr. Latino Salgueiro.

3º Localidade e código postal: Gondomar, 36380.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses a partir da apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Gondomar.

b) Domicilio: Dr. Latino Salgueiro, nº 1.

c) Localidade: Gondomar.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás sábados, caso no que quedará demorada ó primeiro día hábil posterior.

e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: máximo de 1.200 euros.

Gondomar, 30 de setembro de 2002.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde