Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

EDICTO do 20 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dictada sobre subsidios da Lei de integración social dos minusválidos (Lismi) da Seguridade Social que se cita.

No uso das competencias sobre subsidios da Lei de integración social dos minusválidos (Lismi) da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, requírese a citada no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto compareza, persoalmente ou debidamente representada, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais, rúa Concepción Arenal, 8, 2ª planta do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (Pontevedra), para ter coñecemento da devandita resolución, advertíndolle que de non facelo así, terase por notificada cos efectos que correspondan.

Vigo, 20 de setembro de 2002.

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Apelidos e nomeDNINotificaciónImporte

Barreiro Justo, Dalia35.226.690Resolución de extinción do subsidio de garantía de ingresos mínimos con reclamación de cobro indebido (expte.: Lismi/4328/88)149,86