Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 23 de setembro de 2002 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións das bateas Luisa I, G.M.I., O.S.I. e Tino III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Luisa I, G.M.I., O.S.I. e Tino III

e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 4-12-2001, Gemma Sánchez Torrado solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas anteriormente citadas.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Mª Gemma Sánchez Torrado (76493829-S), 5/10 indivisos; Mª Manuela (76968056-M), Mª Gemma (76968182-Q), Enrique (76969377-S), Mª Jesús (52934696-N) e Francisco Javier Mariño Sánchez (52939102-W), 1/10 parte indivisa para cada un deles, das concesión administrativas das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Luisa I.

Localización:

Cuadrícula nº: 264.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-5-1958.

Remate vixencia: 14-5-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: G.M.I.

Localización:

Cuadrícula nº: 107.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 4-6-1974 (BOE/DOG nº 183, do 1 de agosto).

Remate vixencia: 1-8-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: O.S.I.

Localización:

Cuadrícula nº: 59.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-3-1960 (BOE/DOG nº 66, do 17 de marzo).

Remate vixencia: 17-3-2005.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Tino III.

Localización:

Cuadrícula nº: 36.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 29-2-1964 (BOE/DOG nº 77, do 30 de marzo).

Remate vixencia: 30-3-2004.

Actual titular: Manuel Mariño Vázquez (33190024-N).

Novos titulares: Mª Gemma Sánchez Torrado (76493829-S), 5/10 indivisos; Mª Manuela (76968056-M), Mª Gemma (76968182-Q), Enrique (76969377-S), Mª Jesús (52934696-N) e Francisco Javier Mariño Sánchez (52939102-W), 1/10 parte indivisa das concesións para cada un deles.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen presenta-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999; DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territoral da Coruña