Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002 pola que se anuncia contratación, por concurso público e sistema aberto, da sumbministración e instalación de equipos de enlace móbil para o transporte de sinais de audio estéreo.

Orzamento da subministración: 60.000 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: antes do 20 de decembro de 2002.

Fianza provisional: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica e técnica, a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a partir das 12 horas do oitavo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas, segundo o punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contatación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1958.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo