Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Porto, número 2755, da provincia de Pontevedra e promovida por Gravas de Atios, S.A.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de res

tauración do pase a concesión de explotación Porto, nº 2.755, situada en terreos dos concellos do Porriño e Tui, provincia de Pontevedra e solicitado por Gravas de Atios, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO