Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/339-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Samieira-Pazo-Tarrío.

Situación: concello de Poio.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 960 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Ponteve

dra-Sanxenxo ata o C.T. que se proxecta en Tarrío, no concello de Poio, de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 640 m de lonxitude, con conductor R.Z., desde a R.B.T.S. proxectada. R.B.T., subterránea, de 85 m de lonxitude, con conductor R.V., desde o C.T. de Tarrío.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra