Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/325-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento varadoiro Os Praceres.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 300 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T.S. MUR 810, entre os CC.TT. Os Praceres e Marqués de Valterra ata o centro de seccionamento que se proxecta en Os Praceres, no concello de Pontevedra, rematando na mesma liña. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra