Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de outubro de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas de FP-2), que se encadran no programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro no anexo II da citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 204, do martes 22 de outubro de 2002, é necesario face-las correccións oportunas incorporando a este as prazas que se relacionan no anexo que se xunta.