Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do Parque Eólico Pedregal Tremuzo (expediente 1/1999), por resolución da Consellería de Industria de data 25 de setembro de 2002 a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., con enderezo na avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A; 15705 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-los días 8 e 15 de novembro de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Outes, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, BOP e La Voz de Galicia todos de data 17 de xullo de 2001; acto o que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios para a súa comparecencia ó levantamento efectivo das actas nas oficinas da Casa do Concello de Outes ou local que se designe para o efecto, sen prexuízo de desprazarse ós predios.

Esta información pública faise extensiva para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos que se afectan dos demais predios os que se lles otorgou a declaración de utilidade pública, contidos na relación publicada no DOG con data 17 de xullo de 2001 e demais medios referenciados anteriormente, para os que, por cuestións de calendario se sinalarán máis adiante novas datas e horas para o levantamento das súas respectivas actas previas; días e horas que se comunicarán en notificacións individuais que se dirixirán ós interesados propostos como titulares dos predios para a súa comparecencia e demais efectos en actas.

Esta publicación realízase para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 10 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña