Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.261

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, para cubriren prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra.

Por Decreto 352/1991, do 17 de outubro (DOG do 24 de outubro), créase a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra.

Por Orde do 20 de febreiro de 1992, aprobouse o currículum e reguláronse as ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais.

Desde o ano 1991 estas ensinanzas veñen sendo impartidas por funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

A Lei 24/1994, do 12 de xullo, pola que se establecen normas sobre concursos de provisión de postos de traballo por funcionarios docentes, autoriza as comunidades autónomas a realizar, en calquera momento, procesos de redistribución en recolación dos seus efectivos.

Na súa aplicación e existindo vacantes na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón convocar concurso de traslados de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Convócase concurso de traslados, de acordo coas especificacións que se citan nesta orde, para a provisión de prazas vacantes entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario (corpo 590) e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño (corpo 595 e 596 respectivamente).

Este concurso rexerase polas seguintes disposicións: Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes; Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública; Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro; Real decreto 850/1993, do 4 de xuño; Real decreto 575/1991, do 22 de abril; Real decreto 1701/1991, do 29 de

novembro; Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, modificado polo Real decreto 2042/1995, do 22 de decembro; Real decreto 777/1998, do 30 de abril; Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño; Real decreto 2193/1995, do 28 de decembro, e Lei 24/1994, do 12 de xullo.

Segunda.-As vacantes que se ofertan neste concurso son as que se publican no anexo I da convocatoria.

Terceira.-Poderán participar neste concurso os funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario e mestres de taller de artes plásticas e deseño con cinco anos como funcionarios de carreira no corpo correspondente e que sexan titulares das seguintes especialidades:

PrazasEspecialidade

Restauración de pinturaDebuxo

Restauración de esculturaDebuxo

Procedementos artísticosBaleirado e moldeado (debuxo)

Historia da arteXeografía e historia

Bioloxía e física e químicaBioloxía/física e química

1. Funcionarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1.1. Poderán participar con carácter voluntario neste concurso de traslados:

a) Os funcionarios que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorreran ó remate deste curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Os funcionarios que se atopen en situación de servicios especiais declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria, sempre que trascorreran ó remate deste curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

c) Os funcionarios que estean en situación de excedencia voluntaria declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Se se tratase dos supostos de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, só poderán participar se ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorresen dous anos desde que pasaron a esta situación.

d) Os funcionarios que se atopen en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorrese o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.

1.2. Para os efectos previstos no punto 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 2003.

2. Os profesores con destino provisional durante o curso 2002-2003 que estean prestando servicios en centros dependentes desta consellería.

Cuarta.-Forma de participación.

Os concursantes presentarán unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de alegación e autobaremación e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Non terán que presenta-los documentos xustificativos dos méritos alegados aquelas persoas que participen no concurso xeral de traslados convocado por Orde do 10 de outubro de 2002 desta consellería (DOG do 21 de outubro).

A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros, ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá requirirlle ó interesado, en calquera momento, a xustificación daqueles méritos alegados que non estean debidamente acreditados.

Aínda que se concorra a prazas de diferentes especialidades só poderá obterse un único destino.

Quinta.-As instancias, así como a documentación á que se alude no punto anterior, poderanse presentar nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Así mesmo a solicitude poderá efectuarse a través da Internet. En caso de usa-la páxina web da Dirección Xeral de Persoal, imprimirase a petición que poderá presentarse no propio centro educativo no que se presta servicios. Neste caso, o centro procederá a remiti-la solicitude á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Sexta.-O prazo de presentación de solicitudes e documentos será o comprendido entre os días 29 de outubro e 15 de novembro de 2002, ámbolos dous inclusive. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha solicitude.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias non se admitirá ningunha modificación ás peticións formuladas. Non obstante, admitiráselles renuncia a participar no concurso de traslados ós concursantes con carácter voluntario no prazo establecido para as reclamacións á lista provisional, na base décima, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións e especialidades consignadas na súa instancia de participación.

Sétima.-Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que soliciten por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran nos anexos a esta orde.

Oitava.-Para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire ó punto 2.1 do baremo de puntuacións a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria designará as comisións dictaminadoras oportunas, compostas polos seguintes membros:

-Un presidente nomeado entre os funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa ou funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario coa condición de catedrático en activo.

-Vocais: catro profesores do corpo de profesores de ensino secundario, en activo.

En cada unha das comisións dictaminadoras anteriores actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal de entre os que exerzan funcións na dita dirección xeral.

Ademais, poderá asistir ás comisións dictaminadoras un representante de cada organización sindical con presencia na Mesa Sectorial Docente Non Universitaria, con voz e sen voto.

As comisións dictaminadoras poderán solicita-lo asesoramento que consideren oportuno.

Os membros das comisións estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes, polos restantes epígrafes do baremo de méritos, levarase a efecto por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira, para efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Novena.-Unha vez recibidas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as actas das comisións dictaminadoras, coas puntuacións asignadas ós concursantes, procederase, conforme as peticións e os méritos dos participantes, á adxudicación dos destinos e faranse públicas, nas súas delegacións provinciais, as resolucións provisionais dos concursos de traslados.

No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse, atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos epígrafes do baremo conforme a orde na que aparecen nel. Se persistise o empate atenderase á puntuación obtida nos distintos subepígrafes pola orde, igualmente, na que aparecen no baremo. En ambos casos, a puntuación que se tome en consideración en cada epígrafe non poderá exceder da puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo, nin, no suposto dos subepígrafes, a que corresponda como máximo ó epígrafe no que se atopen incluídos. Cando ó aplicar estes criterios, algún ou algúns dos subepígrafes alcance a máxima puntuación outorgada ó epígrafe ó que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subepígrafes. De resultar necesario, empregarase como criterios de desempate o ano no que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola que resultou seleccionado.

Décima.-Os concursantes poderán presentar reclamacións ás resolucións provisionais, a través do órgano no que presentaron a súa instancia de participación, no prazo de oito días a partir da súa exposición.

Así mesmo, no mesmo prazo, poderán presentar renuncia á súa participación no concurso nas condicións establecidas na base quinta desta convocatoria. Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base quinta.

Décimo primeira.-Consideradas as reclamacións e renuncias á que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-las resolucións definitivas destes concursos de traslados. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia. As prazas adxudicadas na dita resolución son irrenunciables, polo que os participantes deberán incorporarse ás prazas obtidas.

Contra a resolución definitiva, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conse

lleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no DOG segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo segunda.-Os profesores que obteñan destino definitivo nesta convocatoria non podrán obter destino no concurso xeral convocado por Orde do 10 de outubro de 2002 por esta consellería (DOG do 21 de outubro).

Décimo terceira.-Os profesores excedentes que reingresen ó servicio activo como consecuencia do concurso presentarán ante a delegación provincial da que dependa o centro obtido mediante o concurso de traslados, declaración xurada ou promesa de non se atoparen separados de ningún corpo ou escala da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou da local, en virtude de expediente disciplinario, e de non estaren inhabilitados para o exercicio de funcións públicas.

Décimo cuarta.-A toma de posesión dos novos destinos terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2003. Non obstante, os profesores que obtiveran destino nestes concursos deberán permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

PrazasMateriaCódigo

1Historia da arte013

1Restauración de escultura025

1Restauración de pintura027

2Procedementos artísticos040

1Bioloxía/física e química050

ANEXO II

Baremo de prioridades na adxudicación de destino no corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, concurso específico para cubrir prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

0.1. Por cada ano de experiencia na ensinanza de restauración e bens culturais.6 puntosCredencial correspondente expedida pola delegación provincial.

0.2. Por cada curso superado que teña por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos de ensinanzas de restauración e bens culturais.0,30 puntos por cada 10 horas superadasDocumento xustificativo do curso

I. Méritos expresamente indicados na disposición adicional novena.4 da LOXSE.

1.1. Condición de catedrático.

1.1.1. Por ter adquirida a condición de catedrático.

6 puntosTítulo administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial no que apareza o seu nomeamento.

1.1.2. Por cada ano de antigüidade na condición de catedrático.

Para estes efectos a antigüidade na condición de catedrático, con anterioridade á entrada en vigor da LOXSE, será a que se corresponda cos servicios efectivamente prestados nos corpos de catedráticos e no de

0,50 puntosTítulo administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

1.2. Antigüidade (ver disposición complementaria primeira).

1.2.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante.

2 puntos

Título administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

1.2.2. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE do mesmo ou superior grupo.1,50 puntosTítulo administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.3. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE de grupo inferior.0,75 puntosTítulo administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.4. Por cada ano consecutivo como funcionario con destino definitivo na mesma praza do centro desde o que se concursa ou no posto ó que se estea adscrito no estranxeiro, na función inspectora ó amparo da disposición adicional décimo quinta da Lei de medidas para a reforma da función pública, ou noutros postos, servicios de investigación ou apoio á docencia, dependentes da Administración educativa sempre que estas situacións de adscrición impliquen perda do seu destino docente.

No suposto de adscrición, o tempo que transcorre desde a súa finalización ata a participación neste concurso será valorado polo punto 1.2.5 (ver disposición complementaria segunda).

Título administrativo, coa dilixencia de posesión no centro desde o que se concursa.
Polo primeiro e segundo ano:

Polo terceiro ano:

Polo cuarto e quinto ano:

Polo sexto ano:

Polo sétimo e oitavo ano:

Polo noveno ano:

Polo décimo e seguintes:

2 puntos por ano

3 puntos

4 puntos por ano

5 puntos

4 puntos por ano

3 puntos

2 puntos por ano

Son unicamente computables por este epígrafe os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo polo que concursa.

Para os funcionarios obrigados a concursar por ter perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso por provir da situación de excedencia forzosa ou, se é o caso, por supresión expresa con carácter definitivo, da súa praza, ou por ter sido desprazados dos seus centros, considerarase como praza desde a que participan, para os fins de determina-los servicios a que se refire este epígrafe, a última servida con carácter definitivo ó que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera praza. Terán dereito, ademais, a que se lles acumulen á praza de procedencia os servicios prestados con carácter definitivo na praza inmediatamente anterior a aquela que lles foi suprimida. Para o caso de profesores afectados por supresións consecutivas de prazas, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter definitivo nas prazas que sucesivamente lle foron suprimidas.

No suposto de que o profesor afectado non tivese desempeñado outro destino definitivo, terá dereito a que se lle acumulen, para os efectos sinalados, a seguinte puntuación: 1 punto por cada ano con destino provisional.

Igualmente, os precitados criterios serán de aplicación ós funcionarios que participen desde o destino adxudicado no cumprimento de sanción disciplinaria de traslado con cambio de residencia.

Os funcionarios que se atopen prestando servicios no primeiro destino definitivo obtido despois de terlles suprimida a praza da que eran titulares terán dereito a que se lles consideren como prestados no centro desde o que concursa os servicios que acrediten no centro no que se lles suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicaráselles ós que se atopen prestando servicios no primeiro destino definitivo obtido despois de ter perdido o seu destino por cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa.

1.2.5. Os funcionarios de carreira en expectativa de destino, e os que, participando por primeira vez con carácter voluntario, opten na súa solicitude pola puntuación correspondente a este subepígrafe en substitución da correspondente ó subepígrafe 1.2.4, na forma que se especifica na disposición complementaria terceira deste baremo.

Por cada ano de servicio.1 puntoTítulo administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.6. Cando a praza con carácter definitivo desde a que participa teña a cualificación como de especial dificultade por estar situada en centro de atención educativa preferente, engadiráselle á puntuación do subepígrafe 1.2.4 a seguinte puntuación:

Polo primeiro e segundo ano:

Polo terceiro ano:

Polo cuarto e quinto ano:

Polo sexto ano:

Polo sétimo e oitavo ano:

Polo noveno ano:

Polo décimo e seguintes:1 punto por ano

1,50 puntos

2 puntos por ano

2 puntos

2 puntos por ano

1,50 puntos

1 punto por ano

1.3. Méritos académicos.Máximo 10 puntos

Unicamente se terán en conta, para os efectos da súa valoración, os títulos con validez oficial no Estado español.

1.3.1. Doutoramento e premios extraordinarios:-Por ter obtido o título de doutor na titulación alegada para ingreso no corpoTítulo ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

desde o que se concursa.5 puntosDocumento xustificativo del.

-Por premio extraordinario no doutoramento da titulación alegada para ingreso no corpo desde o que se concursa.1 punto

Documento xustificativo del.

-Por premio extraordinario na titulación alegada para ingreso no corpo desde o que se concursa.0,50 puntos

Documento xustificativo del.

-Polo título de doutor noutras licenciaturas.3 puntosDocumento xustificativo del.

-Polo premio extraordinario noutro doutoramento.0,50 puntosDocumento xustificativo del.

-Polo premio extraordinario noutras licenciaturas.0,25 puntosDocumento xustificativo del.

1.3.2. Outras titulacións universitarias.

A posesión e titulacións que figuren no catálogo oficial de títulos universitarios, valoraranse da forma seguinte:-Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda e restantes diplomaturas, Títulos que se posúan ou, se é o caso, certificados do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudios correspondentes ós primeiros ciclos, certificacións académicas nas que se acredite a superación deles.

enxeñerías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería.3 puntos

En ningún caso se valorará o primeiro título ou estudios desta natureza que posúa o candidato.

-Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.3 puntos

No caso de funcionarios pertencentes a corpos docentes do grupo A, non será valorable en ningún caso o primeiro título ou estudios desta natureza que posúa o candidato.

1.3.3. Titulacións de ensinanzas de réxime especial.

As titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música ou danza, valoraranse da forma seguinte:

Títulos que se posúan ou, se é o caso, certificados do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).
-Música e danza: grao medio.1 punto
-Escolas oficiais de idiomas:
Ciclo elemental:1 punto
Ciclo superior:1 punto

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

1.4. Formación e perfeccionamento.Máximo 5 puntos
1.4.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos da especialidade correspondentes ás prazas ás que opte o participante, ou relacionados coa organización escolar ou coas novas tecnoloxías aplicables á educación, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades.Ata 4 puntosCertificado deles nos que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.
-Puntuarase 0,10 puntos por cada 10 horas de curso superados acreditados. Para estes efectos, sumaranse as horas de tódolos cursos e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando os cursos viñesen expresados en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

1.4.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa incluída a impartición de cursos.Ata 1 puntoCertificación delas.

1.4.3. Por cada especialidade da que sexa titular correspondente ó corpo polo que se concursa distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades regulado no título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.1 puntoCredencial de adquisición da nova especialidade.

II. Outros méritos.Máximo 20 puntos

2.1. Publicacións (ver disposición complementaria cuarta).Ata 5 puntos
2.1.1. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.Ata 2,50 puntosOs exemplares correspondentes.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.

2.1.2. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.Ata 2,50 puntosOs exemplares correspondentes.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.

2.1.3. Méritos artísticos:-Por premios en exposicións ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.-Por composicións estreadas como autor, publicacións, concertos como solistas ou gravacións con depósito legal, por premios en certames ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.Ata 2,50 puntosOs programas, críticas, os exemplares correspondentes e, se é o caso, a acreditación de ter obtidos os premios correspondentes.

2.2. Valoración por traballos desenvolvidos (ver disposición complementaria quinta).Ata 10 puntos
2.2.1.
* Por cada ano como director en centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver disposición complementaria sexta do baremo).3 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso continúa no cargo.
* Por cada ano como director en centros de formación e recursos ou institucións análogas establecidas polas comunidades autónomas no exercicio das súas competencias en materia educativa como funcionario de carreira do corpo polo que participan.3 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

2.2.2. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudios e asimilados en centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver disposición complementaria sexta do baremo). 2 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

2.2.3. Por cada ano noutros cargos directivos de centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver disposición complementaria sexta do baremo). 1 puntoDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

2.2.4. Por cada ano como xefe de seminario, departamento ou división de centros públicos de ensino secundario, bacharelato, adultos, formación profesional, artísticas e idiomas e asesor de formación permanente.0,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

2.2.5. Por cada ano de servicios desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ó asignado ó corpo polo que se participa.1,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con dilixencias de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que continúa no posto.

(1) Salvo que se especifique o contrario, son fotocopias cotexadas.

Disposicións complementarias

Primeira.-Valoración da antigüidade.

1. Os servicios aludidos nos puntos 1.2.2 e 1.2.3 non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servicios dos puntos 1.2.1, 1.2.4 ou 1.2.5.

2. Para os efectos dos puntos 1.2.1. e 1.2.4 serán computados os servicios que se tivesen prestado en situación de servicios especiais, expresamente declarados como tales nos epígrafes previstos no artigo 29.2º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, así como as situacións de idéntica natureza establecida por disposicións anteriores á Lei 30/1984, do 2 de agosto. Igualmente serán computados, para estes efectos, os anos de excedencia por coidado de fillo declarada de acordo co artigo 55.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Segunda.-Centro desde o que se solicita participar no concurso.

Para efectos do punto 1.2.4 do baremo, considerarase como centro desde o que se solicita participar no concurso aquel ó que pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no que se está adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente, sendo unicamente computables por este epígrafe os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante. Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por proviren de excedencia forzosa ou por supresión do seu posto de traballo nos termos establecidos na convocatoria. A estes funcionarios seralles de aplicación o disposto para tal efecto no punto 1.2.4. do baremo.

Terceira.-Funcionarios de carreira que participan por primeira vez con carácter voluntario.

Os funcionarios de carreira que participen por primeira vez con carácter voluntario poderán optar, indicándoo na súa instancia de participación, pola puntuación correspondente ó punto 1.2.4 deste baremo ou polo punto 1.2.5 del.

No caso de exerceren a opción polo punto 1.2.5, puntuaránselles por este epígrafe, ademais dos anos de servicio prestados como funcionario de carreira en expectativa de destino, os que prestasen no centro desde o que participan cun destino definitivo.

No suposto de non manifestaren ningunha opción na instancia de participación, entenderase que optan pola puntuación correspondente ó punto 1.2.4 deste baremo.

Cuarta.-Publicacións.

Por cada mérito presentado de acordo cos puntos 2.1.1 e 2.1.2 do baremo de méritos só se poderá puntuar por un deles.

Quinta.-Valoración do traballo desenvolvido.

1. Polos puntos 2.2.1, 2.2.2, 2.2.3, 2.2.4 e 2.2.5 só se valorará o desempeñado como funcionario de carreira.

2. A valoración do traballo desenvolvido cando se atope referida a centros de adultos, só se valorará cando nos ditos centros se impartisen as mesmas ensinanzas que se imparten nos centros a que se refire este epígrafe.

3. Para os efectos previstos nos puntos 2.2.1, 2.2.2 e 2.2.3 do baremo de méritos, consideraranse centros públicos asimilados ós centros públicos de ensino secundario os seguintes:

-Institutos de bacharelato.

-Instituto de formación profesional.

-Centros de adultos, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que nos centros ós que se refiren estes puntos.

-Centros de ensinanzas integradas.

4. Para os efectos previstos no punto 2.2.2 do baremo de méritos, consideraranse como cargos directivos asimilados, alomenos, os seguintes:

-Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.

-Xefe de estudios adxunto.

-Xefe de residencia.

-Delegado do xefe de estudios de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director-xefe de estudios de sección delegada.

-Director de sección filial.

-Director de centro oficial de padroado de ensino medio.

-Administrador en centros de formación profesional.

-Profesor delegado no caso da sección de formación profesional.

5. Polo punto 2.2.3 do baremo de méritos puntuaranse, polo menos, os seguintes cargos directivos:

-Vicesecretario.

-Delegado xefe de estudios nocturnos en sección delegada.

-Delegado do secretario en extensións de institutos de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director, xefe de estudios ou secretario de centros homologados de convenio con corporacións locais.

-Director de colexio libre adoptado con número de rexistro de persoal.

-Secretario de centro oficial de padroado de ensino medio.

6. Cando se produza desempeño simultáneo de cargos, non poderá acumularse a puntuación.

Sexta.-Cómputo por cada mes fracción de anos.

Nos seguintes puntos, por cada mes fracción de anos sumaranse as seguintes puntuacións: no punto 1.1.2, 0,04; no 1.2.1, 0,16; no 1.2.2, 0,12; no 1.2.3, 0,06; no 2.2.1, 0,25; no 2.2.2, 0,16; no 2.2.3, 0,08; no 2.2.4, 0,04; no 2.2.5, 0,12.

En ningún dos demais casos se puntuarán fraccións de ano.