Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.254

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala enxeñeiros de minas, pola que se convocan os opositores para a realización do terceiro exercicio da fase oposición.

En sesión que tivo lugar o día 22 de outubro de 2002, o tribunal designado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002, para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala enxeñeiros de minas, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Convoca-los opositores que superaron o segundo exercicio, para a realización do terceiro exercicio que se levará a cabo na sala de xuntas da Consellería de Industria e Comercio, sita no edificio administrativo de San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, en Santiago de Compostela, o día 30 de outubro de 2002 ás 17.30 horas.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Presidente do tribunal