Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas do sorteo de permisos para pesca en coutos para a tempada 2003.

Conforme establece o artigo 34 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), correspóndelle a esta dirección xeral fixa-las normas que rexerán o sorteo de permisos de pesca en coutos para pescadores.

As normas do sorteo de permisos de pesca en couto para pescadores para a tempada 2003 serán as seguintes:

-As solicitudes presentaranse antes das 14 horas do 15 de novembro no Rexistro do Servicio Provincial de Conservación da Natureza que corresponda, ou mediante o procedemento descrito no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

-Os modelos de solicitude estarán á disposición dos interesados nos servicios provinciais de Conservación da Natureza ou nesta dirección xeral.

-O sorteo terá lugar nos servicios provinciais o día 25 de novembro.

-A hora do sorteo, o seu procedemento e o de selección de permisos e outras normas complementarias serán establecidos por cada servicio provincial e expostos no taboleiro de anuncios de cada delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente.

-A normativa de funcionamiento dos coutos será a que estableza a orde anual que regula os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2003. Os permisos seran outorgados con esta condición e sen que os posibles cambios na normativa poidan dar lugar a cambios de permisos, agás no caso concreto de que se prohíba a práctica da pesca na data ou no couto obtido.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2002.

Francisco García-Bobadilla Prosper

Director xeral de Conservación da Natureza

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA