Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión celebrada o 10-10-2002, aprobou definitivamente a terceira modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Vilalba, necesaria para posibilita-la implantación da segunda ampliación do parque empresarial.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados ambos prazos a partir do día seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.

Vilalba, 16 de outubro de 2002.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde