Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 16 de setembro de 2002, do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo, das bases xerais para a contratación dun auxiliar administrativo.

O Consello de Administración de Vigo Zoo en sesión do 30 de xullo de 2002, adoptou o seguinte acordo:

1. Aproba-las bases xerais para contratación en réxime laboral fixo dun auxiliar administrativo para cubrir un posto da mesma denominación vacante no cadro de persoal de Vigo-Zoo. As bases xerais serán as publicadas pola Corporación Municipal no BOP do 10 de xuño e DOG do 28 de xuño de 2002, para o persoal laboral coas seguintes modificacións:

a) Con carácter xeral calquera referencia ó concello entenderase efectuada ó Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo e se se fan o alcalde-presidente entenderase ó seu presidente. Así mesmo o taboleiro de edictos do concello substitúese polo de anunicos de Vigo-Zoo, e cando se alude á Tesourería Muni

cipal substitúese pola Tesourería do Organismo Autónomo.

b) Na base I, Obxecto da convocatoria, substituirase o seu contido polo de contratación en réxime laboral fixo dun auxiliar administrativo.

c) Na base VII, tribunal cualificador, substituirase a referencia ó presidente e secretario da corporación pola de presidente e secretario do organismo autónomo. Así mesmo os representantes da corporación polos representantes do consello de administración; e os do comité de empresa polos do persoal designados polo seu delegado.

2. En canto ás bases específicas serán as seguintes:

I. Número de prazas: 1.

II. Denominación: auxiliar-administrativo.

III. Características:

Equiparadas ó grupo D de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

IV. Sistema de selección:

Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

V. Condicións dos aspirantes:

Ademáis das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

VI. Exercicios da oposición:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos/as aspirantes.

Consistirá nunha copia a máquina durante 10 minutos dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima e excluínte de 200 pulsacións por minuto. Se o/a aspirante utilizase máquina eléctrica -está prohibida a electrónica- a velocidade mínima e excluínte será de 230 pulsacións por minuto.

Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e a exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito, de acordo cun baremo obxectivo que estableza o tribunal antes de iniciarse o exercicio, que deberá comunicarse ós aspirantes no momento de comeza-la proba e incluírse na correspondente acta.

Segundo exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a tres temas extraídos ó chou entre os que figuran como anexo ás presentes bases nun prazo máximo de 90 minutos.

Terceiro exercicio.-Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na elaboración dun suposto práctico nun ordenador persoal mediante un paquete integrado baixo contorno windows no tempo que estableza o tribunal.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais, coa particularidade de que os tres primeiros se cualificarán de 0 a 10 puntos.

Quinto exercicio.-De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais, coa particularidade de que os catro primeiros se cualificarán de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un de eles.

ANEXO

Temario

(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais)

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A Coroa.

Tema 2.-Os poderes do Estado: a división de poderes.

Tema 3.-A Unión Europea. A acta única europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Breve referencia ás institucións da Unión Europea.

Tema 4.-O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 5.-A administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administracións autonómicas. Administración local. Administración institucional e corporativa.

Tema 6.-Principios de actuación da administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, sometemento da administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 7.-O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 8.-Os servicios públicos locais: especial consideración do organismo autónomo municipal.

Tema 9.-Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 10.-O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 11.-Organización municipal. Competencias.

Tema 12.-Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 13.-Regulación das condicións de traballo do persoal de Vigo-Zoo, segundo do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vigo, aplicable a Vigo-Zoo.

Tema 14.-Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 15.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.

Tema 16.-A execución do orzamento de gastos: fases que comprende órganos competentes en cada unha delas.

Tema 17.-Partes dun ordenador. Memoria e os seus tipos. Periféricos de entrada, saída e almacenamento. Software básico e de aplicación. Os principais sistemas operativos e a súa función.

Tema 18.-Tratamento de textos: principais operacións nun tratamento de texto, finalidade, principais programas existentes. Bases de datos: concepto e finalidade.

Tema 19.-Aspectos básicos da organización de arquivos de organismos oficiais e as súas oficinas.

Tema 20.-Competencias do consello de administración e o seu presidente segundo os estatutos do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo. (BOP do 11 de xullo de 1984).

Vigo, 16 de setembro de 2002.

Amador Fernández Fernández

Presidente de Vigo-Zoo