O Pleno do Concello, en sesión realizada o 9 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Tomar coñecemento e dar consentimento ó criterio de interpretación ó vixente plan xeral relativo a locais de bicicletas.
Segundo.-Tomar coñecemento e dar consentimento ó criterio interpretativo ó vixente plan xeral relativo á varanda sobre o gálibo.
Terceiro.-Tomar coñecemento e dar consentimento ó criterio interpretativo ó vixente plan xeral relativo á norma zonal 4.2.b grupo Juan Canalejo.
Cuarto.-Tomar coñecemento e dar consentimento ó criterio interpretativo ó vixente plan xeral relativo a tendais.
O que se publica para xeral coñecemento.
A Coruña, 20 de setembro de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo