Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato e orzamento de licitación.

a) Descrición do obxecto: a execución da seguinte obra: novo acceso público ó núcleo histórico e cabo Ortegal (1ª fase).

b) Lugar de execución: Concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): tres.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso con procedemento aberto, tramitación urxente.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cariño. Praza da Pulida, s/n. 15360 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64. Fax: 981 40 50 29.

6. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación necesaria: a documentación requirida presentarase tal como se indica no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación por concurso con procedemento aberto das obras incluídas nos plans provinciais (BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002).

c) Lugar de presentación: Concello de Cariño (rexistro xeral). Praza da Pulida, s/n. 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (art. 89 do TR da LCAP).

9. Apertura das ofertas.

a) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó do final do prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cariño, 16 de outubro de 2002.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde