Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002 pola que se outorga permiso de actividade para a posta en funcionamento e autorización para a ocupación dunha parcela destinada á instalación dun criadoiro no Vicedo (Lugo).

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a posta en funcionamento e autorización para a ocupación

dunha parcela para a instalación dun criadoiro no Vicedo (Lugo), apreciáronse os seguintes.

a) Antecedentes.

1. Xustificación.

Primeiro.-No sector marisqueiro e de cultivo de moluscos de Galicia existe escaseza e unha demanda crecente de semente de determinadas especies de moluscos bivalvos comerciais.

Segundo.-Nalgunhas especies, os recrutamentos de semente no medio natural non son suficientes para cubri-las necesidades de sementeira e repoboacións nas zonas marisqueiras, moitas delas actualmente esquilmadas ou necesitadas de recuperación.

Terceiro.-Os escasos criadoiros de moluscos que operan na Comunidade Autónoma de Galicia non conseguen ofertar unha producción estable e continuada de semente, principalmente de determinadas especies autóctonas: ostra plana e ameixas, fina e babosa, polo que na actualidade a demanda existente se cobre, en gran medida, coa importación de semente foránea.

Cuarto.-En Galicia existe unha longa experiencia e estudios de carácter experimental, a diferentes escalas de producción, sobre estas especies, e tamén o persoal cualificado para desenvolver e aplica-la tecnoloxía adecuada para obte-la semente das especies indicadas de bivalvos; por iso, procede levar a cabo a producción de semente aplicando os sistemas e técnicas ensaiadas nos modelos de minicriadoiros instalados na Illa de Arousa.

2. Documentación.

No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, inserido no DOG.

-Informe urbanístico do Concello do Vicedo.

-Informe da Dirección Xeral de Turismo.

-Informe de Portos de Galicia.

-Informe sobre cualificación ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente).

-Informe do Servicio Técnico Xurídico desta consellería.

b) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento

do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas e o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar permiso de actividade para a posta en funcionamento e autorización para a ocupación dunha parcela para a instalación do criadoiro que a continuación se sinala:

Características do establecemento:

-Tipo: criadoiro.

-Nome: Minicriadoiro do Vicedo.

-Actividade: reproducción no inicio do ciclo vital.

-Especies: moluscos bivalvos.

-Situación: porto do Vicedo (Lugo).

Titular: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

DNI/CIF: S-1511001-H.

-Superficies:

Dominio privado: non ten.

Dominio público: 828 m.

-Características das instalacións:

Naves: nº 1 planta baixa, superficie: 828 m, comprende:

-Invernadoiro: de 8x24 m.

-Edificio de servicios complementarios: de 4x11 m.

-Esplanación para sementeira posterior de 10x36 m.

-Capacidade: 8 millóns de u. de semente/ano.

-Obras e instalacións:

As obras e instalacións levaranse a cabo conforme o proxecto de instalación para minicriadeiro de moluscos bivalvos bajo cuberta lixeira no Vicedo (Lugo), elaborado en xuño de 2002 por: Julio C. Rojo Martínez, enxeñeiro de camiños; Jesús J. Valle Rodríguez, enxeñeiro técnico industrial e Alejandro Guerra Díaz, doutor en bioloxía.

-Vixencia:

A data de remate da vixencia será o 31 de xullo de 2005.

Santiago de compostela, 15 de outubro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS