Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 26 de setembro de 2002, o proxecto de reparcelación voluntaria na Serra de Nacente, redactado polo arquitecto José Díaz de la Iglesia, con visado colexial do 6 de marzo de 2001, sométese a información pública, por un período de vinte días para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 103.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, servindo este anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 11 de outubro de 2002.

Carlos Vázquez Marinelli

Alcalde en funcións