Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión administrativa en terreos de dominio público portuario do porto que se cita.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, a seguinte concesión en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas no prego de condicións correspondente.

Resolución: 18-9-2002.

Obxecto: explotación dunhas instalacións para a náutica recreativa no porto de Ortigueira.

Porto: Ortigueira.

Adxudicatario: Club Náutico Ortigueira.

Prazo: 5 anos.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia