Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ó comercio polo miúdo na Comunidade Autónoma de Galicia 2002-2003 subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa e as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas.

Con data 18 de setembro de 2002 o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e 17 entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas, asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de financiamento subsidiada destinada á potenciación do comercio polo miúdo na Comunidade Autónoma de Galicia, someténdose ó establecido no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio como anexo un e a relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas que o subscribiron, que figura como anexo dous.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO UN

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO Ó COMERCIO POLO MIÚDO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 2002-2004 SUBSCRITO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA, A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA E AS CÁMA

RAS DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DA CORUÑA, FERROL, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA, SANTIAGO DE COMPOSTELA, TUI, VIGO E VILAGARCÍA DE AROUSA E AS ENTIDADES FINANCEIRAS E SOCIEDADES DE GARANTÍA RECÍPROCA ADHERIDAS

Este convenio, asinado por:

-José Antonio Orza Fernández, conselleiro de Economía e Facenda, en nome e representación do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante Igape), na súa calidade de presidente, representación nata que lle corresponde de acordo coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape.

-Juan Rodríguez Yuste, na súa calidade de conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, en nome e representación da Xunta de Galicia, ó abeiro das facultades que, para vincularse neste acto, ten conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, da Xunta de Galicia e do seu presidente, e polo acordo do 27 de marzo de 1991 do Consello da Xunta de Galicia, feito público mediante Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda.

-José María Seijas López, en nome e representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

-Francisco Cruz Senra, en nome e representación das cámaras de Comercio, Industria e Navegación Galegas.

Enmárcase na política de apoio ás pequenas e medianas empresas emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

As institucións representadas neste convenio consideran esencial o obxectivo de moderniza-lo comercio retallista tradicional da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á competencia de establecementos de maior dimensión e ás esixencias do consumidor actual, intentando, deste xeito, mellora-la economía deste colectivo empresarial, potenciando tanto os seus establecementos como a súa calidade, eficiencia e imaxe. Para este fin ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que realicen os titulares de establecementos comerciais polo miúdo, e a axuda consiste na subsidiación do tipo de xuro dos préstamos que, para o efecto, se concerten coas entidades financeiras asinantes deste convenio.

Os citados préstamos poderán ser subsidiados con suxeición ás seguintes

CLÁUSULAS

Cláusula 1ª.-Obxecto, volume máximo de préstamos que se van subsidiar e dotación orzamentaria.

1.1. Obxecto.

Este convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre as partes que o subscriben, coa finalidade de establecer unha liña de financiamento subsidiado destinada á potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, e as partes someteranse na totalidade ó esta

blecido no mencionado Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas neste convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

1.2. Volume máximo de préstamos que se van subsidiar.

O volume de préstamos que se van subsidiar ó abeiro deste convenio para o ano 2002 non poderá superar un importe total de 12 millóns de euros, coa seguinte distribución: 2,5 millóns de euros destínanse a cada unha das catro provincias galegas e o resto a un fondo común de reserva. En caso de que se esgote a dotación inicial atribuída a unha provincia, cubriranse as operacións correspondentes con cargo ó fondo común, e en caso de que se esgotase este, poderán empregarse os fondos atribuídos a outras provincias que non fosen utilizados.

Para o ano 2003, o Igape determinará e publicará no Diario Oficial de Galicia o importe global de préstamos que se van subsidiar.

1.3. Dotación orzamentaria.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo ós orzamentos do Igape para os anos 2002 e 2003, e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente. Para o ano 2002, as axudas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01 01/01/02.656700 cun crédito plurianual (2002-2004) de 900.885,13 euros e 02.01 01/02/01.656700 cun crédito plurianual (2002-2004) de 49.534,42 euros.

Para o ano 2003, o Igape publicará no Diario Oficial de Galicia o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas e as partidas orzamentarias asignadas ó seu financiamento.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas neste convenio os titulares de establecementos comerciais polo miúdo situados na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996. Para os devanditos efectos, terá a consideración de Peme a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que empregue menos de 250 persoas.

b) Que o volume de negocios anual non exceda de 40 millóns de euros ou o balance xeral anual dos cales non exceda de 27 millóns de euros.

c) E que cumpra o criterio de independencia tal como se define a seguir:

Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa ou, conxuntamente, a varias empresas que

non respondan á definición de Peme. Este límite poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou a investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quen o posúe e se a empresa declara que pode, lexitimamente, presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou, conxuntamente, a varias empresas que non respondan á definición de Peme.

Para o cálculo dos límites establecidos nas alíneas a) e b) engadiranse as cifras correspondentes da empresa beneficiaria e de tódalas empresas nas que posúa directa ou indirectamente o 25% ou máis do seu capital ou dos dereitos de voto.

Os solicitantes deberán acreditar esta circunstancia segundo o formulario establecido no anexo VI deste convenio.

Cláusula 3ª.-Actividades subvencionables.

Considéranse subvencionables as actividades económicas relacionadas no anexo I.

As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente ós límites e condicións establecidos nestas.

Cláusula 4ª.-Entrada en vigor e praza de presentación de solicitudes.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo para a presentación de solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade financeira finalizará de acordo co establecido a seguir:

-Para operacións concedidas con cargo ó volume de préstamos que se van subsidiar para o ano 2002, o 30 de novembro dese ano.

-Para operacións concedidas con cargo ó volume de préstamos que se van subsidiar para o ano 2003, o 30 de novembro dese ano.

Cláusula 5ª.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación do tipo de xuro dos préstamos que financien proxectos de investimento realizados, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia polos titulares de establecementos comerciais polo miúdo.

Cláusula 6ª.-Condicións do programa de axudas.

6.1. Consideraranse subvencionables os investimentos adquiridos a terceiros, que se realicen con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano correspondente ó da presentación da solicitude da axuda no Igape, e que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de locais comerciais.

-Obras de reforma en xeral.

-Obras de novo establecemento.

-Reformas estructurais.

-Instalacións básicas.

-Revestimentos, pinturas e acabamentos xerais.

-Equipamento.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais.

-Mobiliario e informática.

-Melloras decorativas.

-Honorarios de proxecto e decoración.

-Calquera outro investimento que contribúa á mellora das estructuras de comercialización ou desenvolvemento das actividades comerciais.

* Inmobilizado inmaterial, co límite do 25% do total do investimento subvencionable do proxecto.

* Bens usados: unicamente a adquisición de inmobles.

6.2. A contía do investimento subvencionable será como mínimo de 4.500 euros, e como máximo de 300.000 euros, e determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

6.3. Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán mante-los investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de 5 anos desde a súa adquisición. Considerarase que se cumpre esta condición no caso de que os bens en que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

6.4. Para aqueles proxectos que leven consigo creación de emprego, este deberá manterse durante o prazo de dous anos.

Para os efectos da determinación da creación de emprego, teranse en conta os seguintes criterios:

a) Partirase do número de postos de traballo existentes ó 31 de decembro do ano anterior ó da presentación da solicitude de axuda no Igape, a partir do cal se computará a creación de emprego.

b) A creación de emprego terase que realizar entre o período que media desde o 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata 4 meses despois da data de execución do proxecto (data inicial de cómputo). O emprego que se cree deberá manterse durante dous anos desde a data inicial de cómputo. Enténdese por data de execución do proxecto a do último xustificante de pagamento do investimento.

c) Para os efectos deste convenio, computaranse, para a creación de emprego, os traballadores por conta allea e aqueles traballadores por conta propia que sexan os titulares da actividade ou socios ou administradores da empresa titular, independentemente do réxime aplicable da Seguridade Social, de acordo coa lexislación laboral vixente.

Cláusula 7ª.-Características das operacións de préstamo.

7.1. Importe dos préstamos e porcentaxes de financiamento.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación non poderá supera-lo 70% do investimento subvencionable. O importe do préstamo subsidiable será, como mínimo, de 3.150 euros e non poderá, para cada beneficiario, supera-los 210.000 euros.

En ningún caso o importe do préstamo superará o importe do investimento subvencionable pendente de pagamento na data de presentación da solicitude no Igape. Se, a partir desta data, fose necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, estes deberán facerse seguindo a operativa establecida na cláusula 8.10.1.

7.2. Prazos de amortización e subsidiación.

O prazo máximo de amortización será, con carácter xeral, de ata 5 anos, incluído como máximo un ano de carencia, agás para os préstamos que financien, en todo ou en parte, a adquisición de bens inmobles, e neste caso poderán superar sen ningunha restricción os límites de prazo e carencia establecidos. Non obstante, a subsidiación non superará os cinco primeiros anos e será calculada como se o préstamo fose por cinco anos incluído un ano, como máximo, de carencia.

Os períodos de amortización sinalados anteriormente comezarán a computarse a partir do primeiro día do trimestre natural inmediato á data de formalización, polo que a vixencia do préstamo poderá ser superior polos días que se engaden no período irregular inicial e que se incluirán no período de carencia.

7.3. Sistema de amortización.

O prestameiro realizará as amortizacións en cotas de amortización de capital trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e a derradeira.

7.4. Liquidación de xuros.

A liquidación de xuros, igual que as amortizacións, será por trimestres naturais vencidos, pagarase o último día do trimestre natural, e calcularanse os xuros en función do capital vivo, agás para o período de carencia no que a cota de xuros se determinará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data de disposición, incluída esta.

7.5. Tipo de xuro e subsidiación para o beneficiario das operacións de préstamo.

O tipo de xuro nominal dos préstamos acollidos a este convenio será fixo durante a súa vixencia. Excepcionalmente, para aquelas operacións de prés

tamo que teñan un prazo de vixencia superior a 5 anos, de acordo co establecido na cláusula 7.2., o tipo de xuro que se aplicará, a partir do sexto ano, será o que libremente pacten as partes.

Para as solicitudes de axuda presentadas no Igape no ano 2002, o tipo de xuro nominal fixo será o 4,90%. A subsidiación do tipo de xuro será de 2,90 puntos para aqueles proxectos que leven consigo a creación de emprego, e de 1,90 puntos para o resto de proxectos.

Para as solicitudes de axuda presentadas no Igape no ano 2003, o tipo de xuro nominal fixo será determinado polo Igape no mes de decembro de 2002 e publicado no Diario Oficial de Galicia. A subsidiación será a diferencia entre o tipo de xuro que fixe menos o 2% para aqueles proxectos que leven consigo a creación e menos o 3% para o resto de proxectos.

7.6. Comisións.

As entidades financeiras prestamistas poderán percibir, por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima dun 1%. A devandita comisión non será subvencionable.

7.7. Intervención das sociedades de garantía recíproca (SGR).

As sociedades de garantía recíproca (SGR) asinantes deste convenio poderán percibir, polos avais prestados ás operacións de préstamo subscritas ó abeiro do convenio, unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano. A devandita comisión será subvencionada polo Igape.

7.8. Cálculo da axuda financeira.

A axuda financeira que se conceda, tanto a subsidiación do tipo de xuro como, se é o caso, a subvención da comisión de aval da SGR, pagarase dunha soa vez e para o seu cálculo procederase do seguinte modo:

a) Calcularanse os valores absolutos das subvencións que se van percibir durante o período de vixencia do préstamo, incluído, se é o caso, o período de carencia. Para os efectos deste cálculo, non se terá en conta o establecido no último parágrafo da cláusula 7.2.

b) Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ó ano de presentación da solicitude no Igape.

c) O importe resultante da liquidación anticipada destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar comisión ningunha pola devandita amortización.

Cláusula 8ª.-Tramitación.

8.1. Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades financeiras, no modelo normalizado distribuído a través destas e publicado no DOG. Para

as operacións avaladas por unha SGR, a solicitude de subsidiación poderá presentarse, así mesmo, na SGR.

A solicitude irá acompañada da documentación establecida no anexo II por duplicado exemplar. A documentación deberá achegarse en orixinal ou en copia cotexada cos orixinais pola entidade financeira ou SGR.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

8.2. Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas consideradas neste convenio apoderan a entidade financeira/SGR para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites que así se prevexan neste convenio. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financiera/SGR coma se fose propia da empresa solicitante.

8.3. O impreso de solicitude constará de cinco exemplares:

-Orixinal e 1ª copia para o Igape.

-2ª copia para a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia en que estea situado o establecemento comercial obxecto do proxecto.

-3ª copia para entidade financeira.

-4ª copia para o solicitante.

A entidade financeira/SGR datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregándolle ó solicitante a súa correspondente copia. A entidade financeira/SGR deberá centraliza-la recepción das solicitudes, unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo, ou, se é o caso, a concesión do aval. O prazo para a aceptación de solicitudes na entidade financeira/SGR finalizará:

-Para operacións concedidas con cargo ó volume de préstamos que se van subsidiar para o ano 2002, o 30 de novembro dese ano.

-Para operacións concedidas con cargo ó volume de préstamos que se van subsidiar para o ano 2003, o 30 de novembro dese ano.

A entidade financeira/SGR remitiralle ó Igape as solicitudes coa documentación anexa, acompañada da comunicación de concesión do préstamo, segundo modelo establecido no anexo III e, se é o caso, do certificado de concesión do aval da SGR. Así mesmo, remitiralle o seu correspondente exemplar da solicitude coa documentación á dirección provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, e ós enderezos sinalados a seguir:

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña:

Edificio Servicios Múltiples. 1ª Planta. Polígono de Elviña-Monelos.

15008 A Coruña.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo:

Rolda da Muralla, 70.

23700 Lugo.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense:

R/Curros Enríquez, 1-4º.

32003 Ourense.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra:

Gran Vía, 76-baixo.

36271 Vigo (Pontevedra).

O último día hábil para a presentación das solicitudes no Igape será:

-Para operacións concedidas con cargo ó volume de préstamos que se van subsidiar para o ano 2002, o 30 de decembro dese ano.

-Para operacións concedidas con cargo ó volume de préstamos que se van subsidiar para o ano 2003, o 30 de decembro dese ano.

As solicitudes presentadas fóra deste prazo serán obxecto de arquivo, asumindo a entidade financeira/SGR toda a responsabilidade polos prexuízos que iso poida supoñerlle á empresa solicitante.

8.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas no Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

8.5. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se xuntase a documentación esixida, requiriráselle ó solicitante e á entidade financeira/SGR que, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó do requirimento, se emende a falta ou se presenten os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará que desiste da súa petición, logo da resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade financeira e SGR, se é o caso, realizarase vía fax.

8.6. Informes.

As solicitudes de axuda serán informadas, con carácter previo á súa resolución, por unha comisión cualificadora, integrada por dous representantes do Igape e un representante, para cada provincia, da Consellería de Industria e Comercio, da Confederación de Empresarios e das cámaras de Comercio. A comisión, que funcionará por seccións provinciais, será presidida por un dos representantes do Igape, actuando o outro de secretario, e reunirase, logo da convocatoria do presidente, na sede do instituto. Ás reunións da comisión poderán asisti-los técnicos da Área de Financiamento do Igape.

8.7. Trámite de audiencia.

Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar

proposta de resolución, porase en coñecemento dos interesados, para que, no prazo de 10 días, poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas máis que as aducidas polos interesados.

8.8. Concesión.

Á vista do informe da comisión cualificadora, a Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape elevarán proposta de resolución ó presidente do Igape, que incluirá o importe do investimento subvencionable, o importe do préstamo subsidiable, o prazo de vixencia e carencia deste, os puntos de subsidiación propostos e o importe da subsidiación, e se é caso, o emprego que se debe crear e manter, e o importe da comisión anual subvencionada das operacións avaladas por unha SGR. As propostas de denegación de solicitudes deberán detalla-la causa.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotárense as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

8.9. Silencio administrativo e recursos.

O Igape notificaralle ó solicitante e comunicaralles á entidade financeira e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. As resolucións de concesión deberán ser aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da súa notificación. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia a ela, dictándose resolución neste sentido. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumpri-las condicións establecidas na resolución, neste convenio e demais disposicións aplicables. A aceptación formalizarase na copia da resolución que, para tal efecto, se remitirá xunto coa resolución de concesión e que lle deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude de axuda. O devandito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido tal prazo sen que se notifique resolución expresa, poderá entenderse desestimada.

8.10. Formalización.

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou

póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

8.10.1. Formalización anticipada.

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos neste, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para iso, deberá remitir escrito, segundo o modelo que se xunta (anexo IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción coa finalidade de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se vai subsidiar. O Igape comunicaralle por fax á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a autorización, se procede, para a devandita formalización anticipada. A empresa solicitante requiriralle á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización anticipada do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto da concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo formalizado anticipadamente de acordo co previsto no apartado anterior, deberanse mencionar, polo menos, os seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización anticipada do préstamo, indicando a data e as condicións establecidas nesta; e que o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas neste convenio nos termos e condicións establecidas na resolución de concesión da axuda que, se é o caso, no seu día se dicte, así como o compromiso de destina-lo importe da axuda, no momento en que se reciba, á amortización anticipada do principal do préstamo.

No suposto de que a resolución de concesión da axuda que se dicte contemple unhas condicións diferentes ás indicadas na autorización de formalización anticipada, deberá incluírse un anexo ó documento de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na devandita resolución.

8.10.2. Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, a correspondente escritura ou póliza de préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido ás axudas previstas neste convenio e o compromiso de destina-lo importe da axuda, no momento en que se reciba, á amortización anticipada do principal do préstamo.

8.10.3. O prazo máximo para a formalización do préstamo, ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución-concesión do Igape será de 5 meses, que se contarán desde o día seguinte á data de notificación da concesión ó beneficiario.

Finalizado o devandito prazo sen que se formalice o préstamo, dictarase resolución considerando que

o solicitante renunciou e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, logo da solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo, e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorizase a devandita prórroga.

8.10.4. A entidade financeira remitiralle ó Igape, coa maior brevidade, copia cotexada da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo, antes de presenta-la solicitude de cobramento da subvención.

8.11. Disposición.

Os beneficiarios deberán xustificarlle á entidade financeira a aplicación dos fondos da operación financeira ás finalidades para as que foi concedida, de acordo co establecido a seguir:

8.11.1. Período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos non poderá supera-la data pactada no contrato de préstamo para o aboamento da primeira amortización de principal.

8.11.2. Disposición dos fondos do préstamo.

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán, única e exclusivamente, os movementos habidos na operación de préstamo.

Para a formalización do préstamo ou, en todo caso, previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requiriralles ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento. A disposición dos fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento.

Cláusula 9ª.-Xustificación de cumprimento de condicións e liquidación da subsidiación.

9.1. Xustificación do proxecto.

A xustificación do investimento realizarase a través da certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira. A certificación de xustificación de investimentos, que cubrirá a entidade financeira, axustarase ó modelo establecido no anexo V, debendo conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizada para o pagamento do investimento xustificado e a porcentaxe que representa respecto do préstamo aprobado; así como a data de inicio e finalización da execución do proxecto.

No caso de que na certificación de xustificación de investimentos non se alcance o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá xuntar unha solicitude de modificación da resolución de concesión, asinada polo empresario, para adaptala ó proxecto xustificado.

Unha vez realizado e pagado o investimento e no prazo máximo de dous meses, que se contarán desde

a data inicial de cómputo, as entidades financeiras remitiranlle ó Igape, acompañada da solicitude de cobramento da subvención, a seguinte documentación:

-Certificación de xustificación de investimentos, acompañada das copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable e os pagamentos realizados así como do extracto da conta específica do préstamo.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

-E para aqueles proxectos que leven consigo a creación e mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data inicial de cómputo.

O cumprimento da condición de mantemento de emprego durante dous anos que se contarán desde a data inicial de cómputo verificarao o Igape a través das actuacións de control e inspección.

9.2. Liquidación da axuda financeira.

A liquidación da subsidiación e, se é o caso, da comisión de aval da SGR realizarase, por parte da entidade financeira, de acordo co establecido na cláusula 7.8.

Cláusula 10ª.-Pagamento da subsidiación da comisión de aval.

Os beneficiarios destas axudas, unha vez executado o proxecto e nos prazos establecidos na cláusula anterior, solicitarán, a través da entidade financeira, o cobramento da subvención concedida segundo o modelo que figura como anexo IX. A entidade financeira remitiralle ó Igape a devandita solicitude acompañada da seguinte documentación:

-Documentación acreditativa da realización de proxecto e, se é o caso, da creación e mantemento de emprego de acordo co establecido na cláusula anterior, segundo o tipo de operación que corresponda.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo o modelo do anexo VII.

-Para o caso de resolucións de concesión de axudas condicionadas á achega de determinada documentación, fotocopia cotexada desta.

-Acreditación actualizada de non ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia e de estar ó día de obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, emitidas polos órganos competentes.

O Igape revisará a documentación xustificativa, e poderalle solicitar á entidade financeira, á SGR ou ó beneficiario calquera documentación e información adicional que considere oportuna para os efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do proxecto.

Unha vez verificada a documentación achegada, o Igape procederá ó pagamento da subsidiación e,

se é o caso, da subvención da comisión de aval, dunha soa vez, a través da entidade financeira prestamista. A subvención terá que destinarse á amortización anticipada do principal do préstamo, polo cal, unha vez aplicada, a entidade financeira deberá presentar no Igape, no prazo de 30 días desde a data de pagamento da subvención, certificación acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

Cláusula 11ª.-Prórroga de prazos.

En atención ó disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, as prórrogas dos prazos establecidos neste convenio solicitaránselle ó Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ó vencemento do prazo que se pretende ampliar, co obxecto de que o instituto poida resolver esta con anterioridade á súa expiración.

Cláusula 12ª.-Modificacións.

12.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

12.2. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de concorreren na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, acompañadas de memoria xustificativa, presentaránselle ó Igape a través da entidade financeira.

12.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará aumenta-la contía do préstamo subsidiable inicialmente aprobado.

12.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado, e especificamente do préstamo subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no número 12.2.

12.5. O presidente do Igape poderá autorizar, por instancia do beneficiario, a formalización do préstamo con entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade financeira prestamista, acompañando nova comunicación de concesión de préstamo e declaración xurada da inexistencia de variación na restante documentación do expediente.

Cláusula 13ª.-Perda da subvención.

1. Procederase ó reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, xunto cos xuros de mora producidos desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-los requisitos requiridos para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Cando o importe da axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade de axuda establecido pola normativa comunitaria.

2. O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

Se o incumprimento superase o 50% do investimento subvencionable aprobado, considerarase total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu recobramento, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declara-lo incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ó disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos números anteriores, os beneficiarios e entidades financeiras e SGR colaboradoras sométense ó réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula 14ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aquelas empresas que promovan proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais de mercado. Así mesmo, serán incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade das reguladas polo Igape.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos devanditos termos, serán compatibles con calquera outra axuda, pública ou privada, salvo as referidas no parágrafo anterior, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

-Calcularanse en euros correntes os valores absolutos das subvencións que se vaian percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 15ª.-Control.

Os beneficiarios quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verifica-la aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula 16ª.-Obrigas das entidades financeiras.

1. As entidades financeiras adheridas comprométense a:

a) Concede-los préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio.

b) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas neste convenio.

c) Manter ó dispor do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e á capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

d) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

e) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación relativa á xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que, respecto da xestión dos fondos, poida efectua-lo Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 15.

f) Para os efectos do seguimento e control da execución do convenio, a entidade financeira remitiralle por escrito ó Igape, antes do día 5 de outubro de cada ano e referida ó último día hábil do mes de setembro, unha relación de peticionarios, por cada tipo de operación, que lles solicitasen préstamos, indicando nome, razón social, importe e trámite no que se atopa o expediente. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 5 de decembro de cada ano referida ó 30 de novembro.

2. As entidades financeiras adheridas comprométense, así mesmo, a responder subsidiariamente co beneficiario do reintegro das axudas indebidamente percibidas por este, cando, por neglixencia grave

ou dolo da entidade financeira, se permitise dispoñer indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo para finalidades distintas ás aprobadas e iso dese lugar a resolución administrativa firme declarativa da obriga de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.

Non se considerarán, no suposto anterior, os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña neglixencia grave nin dolo.

Cláusula 17ª.-Obrigas das SGR.

A sociedades de garantía recíproca adheridas comprométense a:

a) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas neste convenio.

b) Manter ó dispor do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

c) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

d) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación relativa ás operacións avaladas.

e) Remitirlle ó Igape, nos prazos establecidos na cláusula anterior, unha relación de peticionarios, por cada tipo de operación, que lles solicitasen aval, indicando nome, razón social, importe, entidade financeira prestamista e trámite no que se atopa o expediente.

Cláusula 18ª.-Compromiso da Consellería de Industria e Comercio, das cámaras de comercio e da Confederación de Empresarios de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a través das súas delegacións provinciais, as cámaras de comercio galegas e a Confederación de Empresarios de Galicia comprométense a achega-los medios necesarios para difundir este convenio e proporcionarlles apoio técnico ós comerciantes na súa execución.

Así mesmo, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a través das súas delegacións provinciais, comprométese a prestarlle ó Igape a asistencia técnica que poida precisar para a realización dos labores de control e inspección establecidos na cláusula 15.

Cláusula 19º.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución deste convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo da denuncia das restantes cun mínimo de 30 días de preaviso.

A resolución suporá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas partes.

Cláusula 20ª.-Adhesión de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca ó convenio.

1. O Igape invitará a adherirse a este convenio a todas aquelas entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca que, tendo acreditada unha presencia significativa en Galicia, así como a súa solvencia técnica e financeira, colaborasen co instituto nos seus programas de subsidiación do tipo de xuro de préstamos, créditos ou operacións de arrendamento financeiro.

2. Así mesmo, poderán insta-la súa adhesión a este convenio todas aquelas entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca acreditadas polo Banco de España que, demostrando unha implantación significativa en Galicia, dispoñan dos medios técnicos adecuados para asegura-la correcta tramitación dos expedientes conforme o establecido neste convenio e nos seus anexos.

3. A adhesión formalizarase mediante a sinatura, por apoderado con facultades bastantes, da declaración que se xunta como anexo X a este convenio. O Igape daralles conta ó resto das entidades adheridas da existencia de cada novo partícipe no convenio.

Cláusula 21ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades financeiras, as SGR e representantes do Igape, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, das cámaras de comercio galegas e da Confederación de Empresarios de Galicia. A comisión terá reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 22ª.-Publicidade.

As entidades financeiras e SGR adheridas comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras/SGR sobre este convenio deberán contar coa autorización previa do Igape.

Cláusula 23ª.-Natureza.

Este convenio ten natureza administrativa correspondéndolle á comisión de vixilancia e seguimento establecida na cláusula 21 a interpretación do seu contido, e a resolución das controversias xurdidas na súa aplicación.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2002.

Polo Instituto Galego dePola Consellería de Industria

Promoción Económicae Comercio

José Antonio Orza FernándezJuan Rodríguez Yuste

Pola Confederación de EmpresariosPolas cámaras de comercio

de Galiciagalegas

José María Seijas LópezFrancisco Cruz Senra