Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio de limpeza do local destinado ás oficinas desta xerencia. (Expediente 6/2002).

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no punto 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 da Consellería de Sanidade

(DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público.

1. Obxecto e orzamento.

Contratación do servicio de limpeza do centro das oficinas da xerencia (expediente 6/2002). Orzamento total: 43.200 euros, IVE incluído.

Ano 2002: 12.600 euros, IVE incluído.

Ano 2003: 21.600 euros, IVE incluído.

Ano 2004: 9.000 euros, IVE incluído.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comenzar no prazo de trinta días, como máximo, contado desde a data de notificación da adxudicación. O contrato ten unha duración de dous anos.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que na folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden solicitarse na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sita na praza Martín Herrera, s/n (edificio do Hospital Psiquiátrico), Santiago de Compostela, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia Atención Primaria de Santiago de Compostela antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 9.30 horas do décimo primeiro día hábil contado desde o seguinte ó último sinalado para a recepción de proposicións. Se este día coincidise en sábado reunirase ó seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2002.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela