Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación ordinaria para o outorgamento de concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Moaña para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa. (Expediente 13-21-02-C-1).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número de expediente: 13-21-02-C-1.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do proxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Moaña para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

b) Lugar da concesión: porto de Moaña. Concello de Moaña (Pontevedra).

c) Prazo da concesión: máximo trinta (30) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación: o especificado no prego de bases.

5. Garantías:

a) Provisional: a especificada no prego de bases.

b) Definitiva: as especificadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6ª. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 981 54 72 00.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1921.

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do cuadraxésimo quinto (45º) día natural seguinte

ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre nº 1 e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia