Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dunha furgoneta e un vehículo de servicio con destino ó parque móbil provincial. (Expediente 02/8140 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dunha furgoneta e un vehículo de servicio con destino ó parque móbil provincial.

Lugar de entrega e instalación: parque móbil provincial.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: corcurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 35.100,73 euros, desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 8 de outubro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente