Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (David Barreiro Martínez e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e enderezo que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e á iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 1 de outubro de 2002.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe de Área Provincial de Lugo

ANEXO

-David Barreiro Martínez.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 7.

Enderezo: rúa Sober, 1-1º D. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 9.909,35 euros.

-Herdeiros de Julián Lillo García.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 31.

Enderezo: rúa Sober, 2-1º A. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 4.073,26 euros.

-Raúl Santos Sangregorio.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 37.

Enderezo: Rúa Sober, 3-baixo A. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 9.850,58 euros.