Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 9 de setembro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Val da Rosa, pertencente ó lugar de Caldelas do concello de Ponte Caldelas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 3 de abril de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Ponte Caldelas.

Lugar: Caldelas.

Nome do monte: Val da Rosa.

Cabida: 72.400 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: estrada e predios particulares muro por medio.

Leste: río Verdugo e predios particulares muro por medio.

Sur: predios particulares muro por medio.

Oeste: predios particulares muro por medio.

Colindantes:

Norte: José Carlos Casas Arruti, Emilio Rodríguez Álvarez, Adolfo Amoedo Otero e outros.

Leste: José Antonio Estévez Rodríguez.

Sur: Olga Cuadrado Rey, Josefa Celia Álvarez Acuña e Manuel Martínez Otero.

Oeste: Manuel González Martínez, Olga Cuadrado Rey, Carmen Cousiño Hermida e outros.

Estado forestal: as zonas máis altas da parcela, no contorno da superficie ocupada polo instituto de ensinanza, atópanse rasas ou cubertas por herbazal e matorral baixo. As zonas altas da ladeira con orientación suroeste atópanse poboadas por pés de eucalyptus globulus, pinus pinaster e quercus robur en estado de latizal formando masa pouco densa. A parte media e baixa da ladeira, ata o río Verdugo está poboada por masa densa formada por monteiras de abrollos de cepa de eucalipto e masa mixta de eucalipto, piñeiro, carballo e acacia.

Servidumes e ocupacións: as cotas superiores da parcela, nunha extensión de 11.000 m, segundo o indicado na solicitude, atópanse ocupadas por instituto de ensinanza e campos de deporte anexos, separados por valado metálico.

Colindante ó perímetro do instituto no seu lado sureste localízase unha entulleira.

A parcela aparece bordeada nos seus lindes norte e leste por estrada asfaltada e pista que continúa o percorrido pola ladeira suroeste a toda a extensión da parcela.

Dous ramais desta pista conducen ata a cota máis alta, nas proximidades do instituto e ó extremo sur cerca do río Verdugo.

A parcela atópase atravesada en dirección noreste-suroeste por unha liña de media tensión.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 9 de setembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra