Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa
Domicilio social: avda. Arteixo 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Ponteneira, Condomiña, Areal.
Situación: Baralla-Becerreá.
Características técnicas: L.B.T. aérea con 0,455 km de lonxitude con orixe en C.T. de Lagua e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 16 de setembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo