Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/131-2, 5911 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa

Domicilio social: avda. Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: C.T. e R.B.T. en Valiñocovo, S. Vicente.

Situación: O Saviñao.

Características técnicas: C.T.I. con 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con 0,965 km de lonxitude con orixe en C.T. S. Vicente e conductor tipo R.Z. L.B.T. aérea con 1,3 km de lonxitude con orixe en C.T. S. Vicente e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo