Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da Alcaldía, do 10 de outubro de 2002, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite urxente, para contrata-la execución das obras de creación de área peonil-comercial do paseo Jesús Durán Troncoso, Chapela-Redondela, anúnciase o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de creación de área peonil-co

mercial do paseo Jesús Durán Troncoso, Chapela-Redondela.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: parroquia de Chapela, Redondela (Pontevedra)

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 119.201,12 euros, á baixa.

5. Garantía.

Provisional: 2.384,02 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data e hora: ver cláusula III.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 10 de outubro de 2002.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde