Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día 19 de setembro do ano 2002, adoptou o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

a) Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestructuras, correspondente á modificación puntual do PXOU en Budiño.

b) Publicar este acordo no DOG e no BOP e, así mesmo, publicarse no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e ó mesmo tempo darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren o Plan especial de infraestructuras sobre o que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia deste acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do referido Plan especial de infraestructuras aprobado quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no artigo 48.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en harmonía co establecido no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, significando que contra o acordo anteriormente expresado, que pon fin á vía administrativa, se poderán interpoñe-los recursos seguintes:

a) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio; aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición ante o Pleno da Corporación, no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

b) Sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

O Porriño, 2 de outubro de 2002.

José Manuel Barros González

Alcalde