Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización do parque empresarial de Lourenzá, ábrese un período de información pública dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, iniciándose o cómputo do prazo en referencia á última publicación.

Os interesados poderán examina-la documentación referida en horario de oficina no Concello de Lourenzá.

Lourenzá, 11 de outubro de 2002.

Vidal Martínez-Sierra López

Alcalde