Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 160, do 22 de agosto de 2002 publicáronse as bases para a convocatoria dunha praza de administrativo de Administración xeral mediante concurso-oposición libre, vacante no cadro de persoal deste concello.

Para ser admitido requirirase cumpri-los requisitos establecidos na base cuarta da convocatoria.

A presentación de solicitudes terá lugar nos 20 días naturais seguintes á publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para os efectos oportunos.

A Estrada, 12 de setembro de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde