Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2002 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Ciencias Sociais convocadas no anexo I da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 13 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Servicios ó Cidadán do PGIDIT.

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 13 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Servicios ó Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé, no seu anexo I, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Ciencias Sociais.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e á proposta elaborada pola Comisión de Selección prevista no número 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar en grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

Todas estas axudas están cofinanciadas por fondos europeos FEDER MAC.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos ós que se relacionan no anexo II desta resolución.

As axudas que se relacionan nos anexos I e II comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa

execución lle supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo III desta resolución.

Cuarto.-Concede-las axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo IV desta resolución.

Quinto.-A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 29 de abril de 2002 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sétimo.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano nun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 29-4-2002, DOG do 13-5-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento