Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.838

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 291/2002, do 26 de setembro, polo que se dispón o nomeamento de vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia, así se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo; no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vocais, sendo todos eles nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o devandito artigo 10 do Regulamento do ente público no seu número 8 establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vocal para ser proposto, ou a proposta de cesamento emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións ou organismos que propuxeron o nomeamento.

Xa que logo, recibida proposta de cesamento e novo nomeamento do vocal representante da Federación Galega de Vela no Consello de Administración do ente público, como consecuencia do cesamento e novo nomeamento do titular da devandita federación, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na reunión do día vinteseis de setembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia,

1. En representación da Federación Galega de Vela: José Ángel Rodríguez Santos.

Santiago de Compostela, vinteseis de setembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA