Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002 pola que se lle outorga a Mariscos Mansita, S.L. permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños en Lourizán, concello de Pontevedra.

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro: mediante escrito do 13 de xuño de 2001, María Blanca Gómez Lameiro (DNI 35288803), no

nome e en representación de Mariscos Mansita, S.L. (CIF: B36384683), solicitou permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora na Avenida de Praceres nº 15 - baixo, Lourizán (Pontevedra).

Segundo: o interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro: no expediente figura a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, inserido no DOG.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe urbanístico do Concello de Pontevedra.

-Informe ambiental, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

-Informe xurídico do Servicio Técnico-Xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Mariscos Mansita, S.L. co CIF: B36384683, o permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños que se indica a continuación.

-Tipo: estación depuradora.-Nome: Mariscos Mansita, S.L.-Actividade: eliminación de xermes patóxenos.-Especies: moluscos.-Situación: avenida de Praceres nº 15 - baixo, Lourizán (Pontevedra).-Superficies:

Dominio público: non ocupa.

Dominio privado: 113 m.-Características das instalacións:

Naves: nº: 1 de 113 m.-Piscinas: 3 piscinas de depuración de 9,204 m.

Superficie total de depuración: 27,61 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG. Poderá prorrogarse por períodos máximos doutros dez anos, logo de petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto de reforma interior de local para a súa adecuación ó uso de depuradora subscrito pola arquitecta María Jesús Arias Beascoechea e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 9 de abril de 2001, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo dun ano, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.

Cuarta.-O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das súas condicións e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime ó seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contenciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos