Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se somete a información pública a relación de bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución das obras do proxecto sectorial Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 17 do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, sométese a información pública a relación de bens e dereitos que se precisa para a execución das obras do proxecto sectorial Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra).

A dita relación estará exposta na Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e no taboleiro do Concello de Campo Lameiro, para coñecemento público durante quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo sito no edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo