Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación da ampliación do proxecto de execución da instalación electromecánica que se cita. (Expediente IN661A 02/10).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro (DOG nº 235) polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación da ampliación do proxecto de execución da instalación electromecánica que se cita:

Solicitante: Energías Ambientales de Somozas, S.A.

Domicilio: r/ J.L. Bugallal Marchesi, 20-1º esq., 15008 A Coruña.

Denominación: ampliación parque eólico As Somozas.

Concellos afectados: As Somozas (A Coruña).

Potencia que hai que instalar (ampliación): 1,6 MW (potencia total 49,6 MW).

Descricións técnicas:

-1 aeroxerador de 1.600 kW de potencia nominal unitaria montado sobre fuste tubular metálico de 60/70 m de altura estándar e rotor de 3 pas de 74 m de diámetro.

-1 transformador, situado no interior dos fustes de 2.000 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.Z.1 12/20 kV de 1x150 mm Al, 1x240 mm e 1x400 mm Al para interconexión do aeroxerador cos aeroxeradores existentes e coa subestación transformadora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña