Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de ins
talacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T. e R.B.T. Mestranza.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: recuamento da liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV de 621 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte de C.T. Campo de Estrada e final na L.M.T. a Damas-C.S.
Recuamento da rede de baixa tensión de C.T. Campo de Estrada nunha lonxitude de 316 m en conductor R.V. de 240 mm Al. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 13 de setembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña