Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de mellora do núcleo 19.06 C Vilaverde en Zamáns (expediente 7203/411).

O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 29 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan especial de mellora do núcleo 19.06 C Vilaverde (Zamáns), de iniciativa municipal, redactado pola oficina municipal de Planeamento e Xestión, (expediente 7203/411), conforme a documentación de abril de 2002, corrixida para dar cumprimento ó informe do 13-9-2001 do director xeral de Urbanismo.

Segundo.-Sométase o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes e publíquese a apertura desde trámite mediante inserción de anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Terceiro.-Notifíqueselles individualmente o presente acordo ós propietarios das parcelas 1, 2, 4, 6, 8, 32, 34, 35, 36, 80 do ámbito, que figuran no expediente, en canto afectados polo reaxuste da delimitación do ámbito de ordenación, requeríndoós para que manifesten durante o período de información pública do expediente a súa aceptación ou rexeitamento o devandito reaxuste, coa advertencia de que a falta de tal manifestación será considerada como aceptación no que á respectiva parcela se refire.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de setembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo