Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo (expediente 916/400).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 29 de xullo de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primerio.-Aprobar inicialmente a ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo, elaborada polos servicios xurídicos da xefatura da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Segundo.-Abrir un período de información pública polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións.

Terceiro.-Declarar que, consonte o establecido no artigo 49.c) da LRBRL, de non se presentar ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional debendo publicarse o texto íntegro da ordenanza no BOP; ordenanza que entrará en vigor ós quince días da súa publicación completa.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a súa publicación no DOG. O expediente está á disposición do publico no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren decoñecidos ou, por ignora-lo seu enderezo, no poidan ser notificados.

Vigo, 12 de setembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo