Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Gardas de Caza e Pesca.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados o acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Gardas de Caza e Pesca que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación os gardas particulares de campo.

Asinan a acta de constitución: José Manuel Rodríguez Pérez e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais