1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.
c) Número de expediente: 02-01-CON-PR-Ferrol.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: selección de anteproxectos para as obras de construcción dun auditorio en Ferrol (A Coruña).
b) Lugar de execución: Ferrol (A Coruña).
d) Prazo de execución: o concurso desenvolverase de acordo coas fases e calendario establecido no prego de bases (ver punto 6 do prego de bases: desenvolvemento do concurso e prazos).
3. Tramitación, procedemento, forma de adxudicación.
Concurso, con intervención de xurado, de ideas de anteproxectos de acordo co artigo 216 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: corenta e dous mil (42.000) euros.
5. Garantía provisional: exenta.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo.
b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.
e) Telefax: 981 54 43 43.
f) Data límite de recepción de documentos e anteproxectos para participar: vinteseis (26) días naturais contados a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Destinatarios: os descritos no punto 3 do prego de bases.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: vinteseis días (26) contados a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de bases.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral.
1ª Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
2ª Enderezo: edificios administrativos San Caetano.
3ª Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións.
9. Calendario de reunión do xurado.
O xurado reunirase o décimo (10º) día hábil, que non coincida en sábado, desde a data límite de presentación da documentación, e farase pública a súa proposta ás 12 horas, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o décimo cuarto (14º) día hábil que non coincida en sábado, contado desde a citada data de presentación da documentación e anteproxectos.
10. Outras informacións.
a) Lingua na que deben redactarse os documentos: galego ou castelán.
b) Criterios que se aplicarán para selecciona-los participantes: os establecidos no prego de bases (ver punto 3 do prego de bases).
c) Criterios que se aplicarán para valora-los anteproxectos: os establecidos no punto 4.3º do prego de bases.
11. Gastos de anuncios.
O importe deste anuncio será aboado, proporcionalmente, polos concursantes que obtivesen premios (no Diario Oficial de Galicia, custo máximo estimativo por liña: 9,38 euros).
12. Así mesmo, tamén poderán obterse os pregos relativo a este concurso no seguinte enderezo da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp/N=1904.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda