Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica o inicio do expediente de modificación concesional (segregación de tráficos) da concesión V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos, e modificación das condicións de explotación da concesión V-2310; XG-215, Pontevedra-O Porriño-A Cañiza, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase expediente de modificación concesional (segregación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos, da titularidade da empresa Viajes Melytour, S.L., e modificación das condicións de explotación da concesión V-2310; XG-215, Pontevedra-O Porriño-A Cañiza, con anexos, na que se integrarían os tráficos segregados.

Os tráficos obxecto da segregación son os correspondentes ó itinerario Tui-Virxe do Camiño-Empalme de Guillarei-Porto-Arantei.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da docu

mentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes