Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.764

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios, convocado por resolucións da Universidade de Santiago de Compostela do 18 de xuño e do 19 de xullo de 2002.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios, por resolucións da Universidade de Santiago de Compostela do 18 de xuño e do 19 de xullo de 2002, e unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, á vista das solicitudes presentadas e logo do informe do secretario xeral,

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios, anunciada por resolucións do 18 de xuño e 19 de xullo de 2002 (DOG nº 127, do 3 de xullo e nº 161, do 22 de agosto).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente resolución.

Terceiro.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Cuarto.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º.a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: secretario xeral adxunto.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.306,96 A.

Apelidos e nome: Gómez Otero, Carlos Alberto.

DNI: 34935388-K.